Saltar ao contido

Voo 804 de EgyptAir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 804 de EgyptAir
Imaxe
 Instancia de
 Investigado por
 Elemento operado
Características
 Nave
Datas
 Data
19 de maio de 2016 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de participantes
66
56
10 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
 Número de desaparecidos
   0 (2016) Editar o valor en Wikidata
 Número de superviventes
   0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Matrícula aeronaveSU-GCC Editar o valor en Wikidata
Número de vooMS804 e MSR804 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 804 de EgyptAir foi un voo regular de pasaeiros entre o Aeroporto de París-Charles de Gaulle e o Aeroporto Internacional do Cairo, operado por EgyptAir, que se estrelou no mar Mediterráneo o 19 de maio de 2016 ás 02:33 (UTC+2).

O control de tráfico aéreo non recibiu ningunha chamada de emerxencia, aínda transmitíronse sinais de terse detectado fume nun dos baños do avión e na baía dee aviónica a través do sistema ACARS pouco antes de que o avión desaparecese do radar. A causa do desastre aínda está sendo investigada.

Había 66 persoas a bordo: 56 pasaxeiros, 7 tripulantes e 3 gardas de seguridade. Non se atoparon superviventes. Atopáronse restos do aparello no mar a uns 290 km ao norte de Alexandria. Case catro semanas despois do accidente identificáronse varias seccións principais da fuselaxe no fondo marino, e ámbalas dúas caixas negras foron recuperadas nunca operación de busca e recuperación multinacional. O 29 de xuño funcionarios exipcios anunciaron que a gravadora de datos de voo indicaba fume no avión, e que se atoparon danos por altas temperaturas nalgúns dos restos da parte dianteira do aparello.[1]

Cara novembro de 2016 non se deran máis explicacións sobre as razóns que puideran levar ao accidente,[2] un feito criticado polo ministro francés de asuntos exteriores Jean-Marc Ayrault en agosto de 2016.[3] No mes de decembro funcionarios exipcios dixeron que foran atopados restos de explosivos nos corpos.[4]

  1. Sanchez, Ray. CNN, ed. "EgyptAir 804: Wreckage and recorder show signs of heat, smoke". Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
  2. Lexology (ed.). "Air Safety: The Fate of EgyptAir Flight 804". Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
  3. Amr, Dina. Daily News Egypt, ed. "French foreign minister calls for quicker investigations on EgyptAir MS804 crash". Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
  4. Breaking News (ed.). "Breaking News Egypt Air Flight 804". Consultado o 16 de xaneiro de 2017.