Voo 625 de Air Mauritanie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 625 de Air Mauritanie
O avión accidentado
Resumo
Data  1 de xullo de 1994
Causa  voo controlado contra
o terreo
Lugar  aeroporto de Tidjikja,
Mauritania
Coordenadas 
Finados  80
Aeronave
Tipo de aeronave Fokker F28 Fellowship
4000
Operador  Air Mauritanie
Rexistro  5T-CLF
Pasaxeiros  89
Tripulación  4
Superviventes  13

O voo 625 de Air Mauritanie foi o accidente dun Fokker F28 Fellowship 4000 que se esnafrou ao aterrar no aeroporto de Tidjikja, Mauritania, o día 1 de xullo de 1994 durante unha tormenta de area. Os 4 tripulantes e 76 dos 89 pasaxeiros morreron no sisintro. Foi o peor accidente dun Fokker 28 e o peor accidente aéreo de Mauritania.[1][2]

Avión[editar | editar a fonte]

O avión accidentado era un Fokker F28-4000 Fellowship (número de serie 11092) que fixera o seu primeiro voo o 3 de xullo de 1975. O aparello estaba impulsado por dous motores turboventiladores RB183-555-15H. O 30 de xullo de 1976 o avión foi entregado a Linjeflyg co rexistro PH-SIX. En abril de 1978 converteuse á variante -4000 variant, e pasou á frota de NLM Cityhopper o 17 dese mes. O 27 de abril de 1979 foi alugado a Libyan Arab Airlines (o rexistro seguía sendo o mesmo). O 26 de febreiro de 1980 alugouse a Pars Air e o seu rexistro cambiou a EP-PBG. O 26 de novembro o aparello regresou a Linjeflyg, e foi rexistrado PH-SIX novamente. O 15 de decembro de 1983 o avión vendeuse a Air Mauritanie recibindo o rexistro 5T-CLF.[3]

Accidente[editar | editar a fonte]

O aparello operaba o voo MR625 (outras fontes din que o número de voo era o MR251)[4] entre Nouakchott e Tidjika. A bordo había 89pasaxeiros e 4 tripulantes. A aterraxe en Tidjika realizouse no medio dunha tormenta de area. O F28 fixo varias aproximacións ao aeroporto antes de realizar unha aterraxe moi dura que causou que o tren de aterraxe dianteiro colapsase e o avión saíse da pista, esnafrándose contra un afloramento rochoso e incendiándose. Só 13 pasaxeiros sobreviviron ao accidente.[1][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Fokker F-28 Fellowship 4000 5T-CLF Tidjikja Airport (TIY)". aviation-safety.net. Consultado o 2020-12-13. 
  2. "1994 - 1636 Flight Archive". Flightglobal. 2016-12-27. Archived from the original on 27 de decembro de 2016. Consultado o 2020-12-13. 
  3. "Fokker 28 Fleetlist". www.fokker-aircraft.info. Consultado o 2020-12-13. 
  4. "Crash of a Fokker F28 in Tidjikdja: 80 killed". B3A Aircraft Accidents Archives. 2014-07-28. Archived from the original on 28 de xullo de 2014. Consultado o 2020-12-13. 
  5. "Air Mauretanie F28 crashes in sandstorm". Flight International. 13-19 de xullo de 1994. p. 10