Saltar ao contido

Voo 624 de Air Canada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 624 de Air Canada
O avión do accidente en abril de 2008
Resumo
Data  29 de marzo de 2015
Causa  o avión tocou terra antes
do inicio da pista
Lugar  aeroporto de Halifax
Coordenadas 
Orixe  Toronto-Pearson
Destino  aeroporto de Halifax
Finados  0
Feridos  26
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A320-211
Operador  Air Canada
Rexistro  C-FTJP
Pasaxeiros  133
Tripulación  5
Superviventes  138 (todos)

O voo 624 de Air Canada era un voo doméstico regular de pasaxeiros entre o aeroporto de Toronto-Pearson e o aeroporto de Halifax. O día 29 de marzo de 2015, durante unha forte nevarada cunhas pobres condicións de visibilidade, o Airbus A320-211 que operaba a ruta tomou terra antes de chegar á pista quedando seriamente danado. O accidente deixou ao aeroporto sen enerxía eléctrica e tivo que pechado durante un tempo. 26 persoas resultaron feridas.

O 2 de abril de 2015 Air Canada enviou pagos de 5 000 dólares canadenses a todos os pasaxeiros do voo.[1] En relación co incidente presentouse unha demanda colectiva.[2]

O aparello era un Airbus A320-211, con rexistro C-FTJP, equipado con dous motores CFM56-5A1. O seu número de serie era o 233 e realizara o seu primeiro voo o 10 de xullo de 1991. Era propiedade de GECAS e estaba arrendado a Air Canada. Como resultado do accidente o aparello foi dado de baixa.[3]

Accidente

[editar | editar a fonte]

O voo 624 de Air Canada partiu do aeroporto de Toronto-Pearson cara ao aeroporto de Halifax-Stanfield con 133 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo. O Airbus A320 que realizaba o voo impactou contra o chan 225 antes do limiar da pista 05, que non tiña equipamento para aterraxes de precisión,[4] chocando contra un conxunto de antenas ILS-LOC que fixo que o tren de aterraxe se separase do avión, e golpeando unha liña eléctrica que cortou a subministración de enerxía ao aeroporto que quedou sen electricidade durante uns 90 minutos.[5] Despois o avión subiu un barranco ata o nivel da pista, esvarou sobre a súa barriga e detívose a 570 metros do limiar.[4]

O avión quedou seriamente danado, perdendo todo o tren de aterraxe e o motor de babor. As ás e os estabilizadores tamén resultaron danados. Ámbolos dous pilotos, 23 pasaxeiros e un asistende de voo tiveron que ser levados ao hospital, aínda que ningunha das feridas foi potencialmente mortal,[4][6] e todos os ingresados agás un foron dados de alta no mesmo día.[7] A meteoroloxía no momento do accidente foi descrita como "treboenta".

Investigación

[editar | editar a fonte]

O accidente foi investigado pola Xunta de Seguridae no Transporte (TSB).[8][9] A TSB dixo que non houbera fallos mecánicos ou de mantemento no avión.[10] Tres investigadores da Oficina de Investigación e Análise para a Seguridade da Aviación Civil francesa (BEA) e dous asesores técnicos de Airbus viaxaron ao Canadá para participar na investigación.[11]

O informe final foi publicado en maio de 2017, atopando os procedementos da tripulación de Air Canada como a principal causa do accidente.[9]

  1. CBC (ed.). "Air Canada Flight 624 passengers receiving $5K cheques from airline". Consultado o 24 de maio de 2018. 
  2. CBC (ed.). "AC624 crash: MacGillivray Law to file class action lawsuit". Consultado o 24 de maio de 2018. 
  3. Planespotters (ed.). "C-FTJP Air Canada Airbus A320-211". Consultado o 24 de maio de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 The Aviation Herald (ed.). "Accident: Air Canada A320 at Halifax on Mar 29th 2015, touched down short of runway". Consultado o 24 de maio de 2018. 
  5. CBC (ed.). "Air Canada AC624 touched down 335 metres short of runway, TSB says". Consultado o 24 de maio de 2018. 
  6. TSBC (ed.). "Informe da investigación" (PDF). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  7. Global News (ed.). "Landing gear ripped off when Air Canada flight 624 hit antenna array: TSB". Consultado o 24 de maio de 2018. 
  8. "23 treated in hospital after Air Canada plane slides off Halifax runw…". archive.vn. 2015-03-29. Archived from the original on 29 de marzo de 2015. Consultado o 2019-01-02. 
  9. 9,0 9,1 "Informe do accidente" (PDF). Transportation Safety Board of Canada. Consultado o 2019-1-2. 
  10. Government of Canada, Transportation Safety Board of Canada (2015-09-29). "Aviation Investigation A15H0002 - Transportation Safety Board". www.tsb.gc.ca. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2018. Consultado o 2019-01-02. 
  11. "Flight AC 624". BEA. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 2019-1-2.