Saltar ao contido

Voo 389 de Cubana de Aviación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 389 de Cubana de Aviación
Tupolev Tu-154 semellante ao do accidente
Resumo
Data  29 de agosto de 1998
Causa  erro do piloto
Lugar  preto do aeroporto Mariscal
Sucre en Quito
Coordenadas  Coordenadas: 0°15′00″S 78°35′00″O / -0.25, -78.5833
Orixe  aeroporto Mariscal Sucre
Destino  aeroporto Simón Bolívar
Finados  80 (10 en terra)
Feridos  39
Aeronave
Tipo de aeronave Tupolev Tu-154M
Operador  Cubana de Aviación
Rexistro  CU-T1264
Pasaxeiros  77
Tripulación  14
Superviventes  21

O voo 389 de Cubana de Aviación era un voo regular doméstico de pasaxeiros dende o aeroporto Mariscal Sucre de Quito ata o aeroporto Simón Bolívar (no presente aeroporto José Joaquín de Olmedo) en Guayaquil. O 29 de agosto de 1998 o Tupolev Tu-154M que operaba o voo pasouse da pista, esmagando varios edificios e chocando contra un campo de fútbol en Quito mentres engalaba do aeroporto. O avión estoupou e incendiouse morrendo 70 persoas a bordo. 10 persoas en terra tamén morreron no accidente.[1]

O comité de investigación da Dirección Xeral de Aviación Civil ecuatoriana concluíu que o accidente foi causado debido a un fallo mecánico que levou a unha engalaxe abortada. A tripulación esqueceu seleccionar os interruptores das válvulas hidráulicas do sistema de control. Mentres acelaraban para engalar o avión non se levantou. Abortouse a engalaxe e o voo 389 saíuse da pista. É o segundo peor accidente de aviación en Ecuador tras o accidente aéreo de Cuenca dun Boeing 737-200 en 1983.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dozens dead in Ecuador crash". BBC. Consultado o 2018-12-23. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Tupolev Tu-154M CU-T1264 Quito-Mariscal Sucre Airport (UIO)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-23.