Voo 292 de Pan Am

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 292 de Pan Am
Boeing 707 de Pan Am
semellante ao do accidente
Resumo
Data  17 de setembro de 1965
Causa  erro do piloto,
voo controlado contra o terreo
Lugar  Chances Peak, illa Montserrat
Coordenadas  Coordenadas: 16°42′40″N 62°10′38″O / 16.7111, -62.1772
Orixe  aeroporto de Martinica
Primeira escala  aeroporto V. C. Bird
Derradeira escala  San Xoán, Porto Rico
Destino  Nova York
Finados  30
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 707-120B
Operador  Pan American World Airways
Rexistro  N708PA
Pasaxeiros  21
Tripulación  9
Superviventes  0

O voo 292 de Pan Am foi un accidente de aviación dun Boeing 707-120B de Pan Am que se esnafrou en Chances Peak, na illa Montserrat, o día 17 de setembro de 1965 durante un voo entre o aeroporto de Martinica Aimé Césaire e o aeroporto V. C. Bird en Antiga e Barbuda. O avión quedou esnaquizado e non houbo superviventes entre os 30 pasaxeiros e tripulantes a bordo.

Avión[editar | editar a fonte]

O avión, con rexistro N708PA e bautizado Clipper Constitution,[1] foi o primeiro Boeing 707 que realizara o voo inaugual do modelo o 20 de decembro de 1957. Foi usado por Boeing nas probas de voo antes de ser entregado a Pan Am no mes de novembro do ano seguinte.[2][3]

Accidente[editar | editar a fonte]

O avión saíu do aeroporto de Martinica Aimé Césaire nun voo regular cara Nova York con escalas en Saint John's, Antiga e Barbuda, e San Xoán, Porto Rico.[4] O aparello levaba 21 pasaxeiros e 9 tripulantes a bordo. Mentres se aproximaba ao aeroporto V. C. Bird no medio dunha treboada a unha altitude de 2 760 pés (841 m), o aparello golpeou contra Chances Peak, o punto máis alto da illa cunha altura de 915 m, incendiándose.[1] Determinouse que a causa foi un erro de navegación dos pilotos ao descender por debaixo da altura mínima de seguridade mentres non estaban seguros da súa posición.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Aviation Safety Network (ed.). "Accident description". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 20 de maio de 2018. 
  2. Dorr, p.49
  3. Space (ed.). "Boeing Marks 50th Anniversary of 707's First Flight". Consultado o 20 de maio de 2018. 
  4. Montserray Reporter (ed.). "Montserrat’s September 17 Anniversary of Disasters". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 20 de maio de 2018. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dorr, Robert F. Air Force One, MBI Publishing Company, St. Paul Minnesota, 2002. ISBN 0-7603-1055-6