Voo 256 de Intercontinental de Aviación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 256 de Intercontinental de Aviación
DC-9-15; semellante ao do accidente
Resumo
Data  11 de xaneiro de 1995
Causa  fallo do altímetro
Lugar  preto de María La Baja
Coordenadas  Coordenadas: 9°59′00″N 75°21′00″O / 9.9833333333333, -75.35
Orixe  aeroporto El Dorado
Destino  aeroporto Rafael Núñez
Finados  51
Feridos  1
Aeronave
Tipo de aeronave Douglas DC-9
Operador  Intercontinental de Aviación
Rexistro  HK-3839X
Pasaxeiros  47
Tripulación  5
Superviventes  1

O voo 256 de Intercontinental de Aviación era un servizo regular dende o aeroporto El Dorado, en Bogotá ata o aeroporto Rafael Núñez, en Cartaxena de Indias. O voo estaba programado para saír ás 12:10, pero atrasouse debido a un fallo no anterior voo.[1] O voo finalmente engalou ás 18:45. Durante a aproximación a Cartaxena de Indias o avión pasou polos 20 000 pés (6 100 m) ás 19:33. O derradeiro contacto de radio ocorreu cando o voo foi autorizado a baixar aos 8 000 pés (2 400 m).[1] O aparello impactou contra o chan nunha lagoa pantanosa próxima a María La Baja, a 56 km do aeroporto de Cartaxena.[1] A causa probable do accidente foi un axuste incorrecto do altímetro. O altímetro número 1 indicaba 16 200 pés (4 900 m) no impacto.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Douglas DC-9-14 HK-3839X Maria La Baja". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2013. Consultado o 2018-12-15.