Voo 112 de Peruvian Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 112 de Peruvian Airlines
O avión do accidente coa librea
do seu primeiro operador
Resumo
Data  28 de marzo de 2017
Causa  colapso do tren de aterraxe
Lugar  aeroporto Francisco Carlé
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Jorge Chávez
Destino  aeroporto Francisco Carlé
Finados  0
Feridos  39
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-3M8
Operador  Peruvian Airlines
Rexistro  OB-2036-P
Pasaxeiros  141
Tripulación  9
Superviventes  150 (todos)

O voo 112 de Peruvian Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeirosentre Lima e Jauja no Perú. O día 28 de marzo de 2017 o avión que operaba a ruta, un Boeing 737-3M8, sufriu o colapso do tren de aterraxe despois de aterrar, incendiándose. Aínda que non houbo vítimas mortais no accidente, 39 das 150 persoas a bordo resultaron feridas.

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello accidentado era un Boeing 737-3M8, con número de serie 25071 e rexistro OB-2036-P. O avión voara por vez primeira en maio de 1991 con Trans European Airways, e despois de operar con varias aeroliñas foi arrendado a Peruvian Airlines en 2013.[1]

Accidente[editar | editar a fonte]

O avión aterrou en Jauja ás 16:40 hora local (21:40 UTC). Os pasaxeiros informados de "dous fortes impactos" na aterraxe. As tres patas do tren de aterraxe colapsaron e avión esvarou ao longo da pista cara a dereita, chocando a á de estribor contra o valado perimetral do aeroporto.[2][3] Comezou entón un incendio que esnaquizou o avión. Os 141 pasaxeiros e 9 tripulantes escaparon,[2][4] dos cales 39 resultaron feridos e foron levados ao hospital. Dúas persoas tiveron ósos rotos,[5] e tres tiveron conmocións cerebrais.[3] O accidente foi gravados por varios pasaxeiros a bordo do aparello.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "OB-2036-P Peruvian Airlines Boeing 737-300". Panespotters. Consultado o 2018-12-25. 
  2. 2,0 2,1 "Peruvian B733 at Jauja on Mar 28th 2017". The Aviation Herald. Consultado o 2018-12-25. 
  3. 3,0 3,1 "Comunicado a la opinión pública aeropuerto de Jauja". CORPAC. Consultado o 2018-12-25. 
  4. "Piloto de Peruvian admite desequilibrio en aeronave incendiada en Jauja". Portal de turismo. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-25. 
  5. "Un avión de Peruvian Airlines se incendió en el aeropuerto de Jauja". RPP. Consultado o 2018-12-25. 
  6. Air Disasters (2017-4-2). Inside Peruvian Airlines Flight 112 during landing accident at Francisco Carle Airport, Peru (Twitter).