Saltar ao contido

Vogal temática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A vogal temática é un constituínte da flexión verbal que permite a clasificación dos verbos en conxugacións. Está situada entre a raíz verbal e o sufixo modo-temporal, se ben non tódalas formas do paradigma verbal teñen vogal temática, é o caso do presente de subxuntivo.

Así a todo, hai diverxencias en canto á consideración da entidade ou localización da vogal temática. Tres son as interpretacións que se fan da mesma:

  • a vogal temática é parte do radical,
  • a vogal temática é independente da raíz e do morfema modo-temporal
  • a vogal temática é parte do morfema de modo e tempo.

Na análise da flexión verbal do portugués, Mattoso Câmara segmenta catro constituíntes:

  • o radical (R), formado por un morfema lexical que pode levar morfemas derivacionais;
  • a vogal temática (VT), que amplía o radical e serve para clasificar morficamente os verbos;
  • o sufixo modotemporal (SMT), con amálgama das nocións gramaticais de modo e tempo;
  • o sufixo número-persoal (SNP), onde están amalgamadas as nocións de número e persoa do suxeito.

Os dous primeiros constituíntes forman o tema (T) e os outros o sufixo flexional (SF).

Na descrición sincrónica do verbo galego realizada por Antón Santamarina aplícase o método proposto por Mattoso Câmara, con idéntica segmentación e consideración da vogal temática verbo dos outros tres constituíntes. E o mesmo se fai na Gramática Galega[1].

  1. Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1986): Gramática Galega, Vigo. Galaxia, 1995

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1986): Gramática Galega, Vigo. Galaxia, 1995
  • Câmara Jr., J. Mattoso (1970): Problemas de linguística descritiva. Petrópolis: Vozes, 1970
  • Câmara Jr., J. Mattoso (1982): Estrutura da língua portuguesa. Petrópolis: Vozes, 1982
  • Díaz Regueiro, M. (1 992): Os verbos galegos, Santiago: Xunta de Galicia.
  • Femández Rei, F. (1978/1979): O verbo. Contribución á dialectoloxía galega. 2 vol. Tese de Doutoramento. Univ. de Santiago.
  • Femández Rei, F. (1986): "Conservadurismo e innovación no sistema de desinencias verbais do galego: o perfecto", in D. Kremer (ed.): Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (Université de Trier, 1986). Vol. 3. Tübingen: Max Niemeyer, 1991, pp. 632–644.
  • Femández Rei, F.: "Vocal temática e conxugación verbal. A expresión da clase mórfica en español, catalán e galego moderno", in Homenaxe ó profesora Pilar Vázquez Cuesta Santiago: Universidade. 1991.
  • Instituto da Lingua Galega (1990): Atlas Lingüístico Galego. Vol. 1: Morfoloxía verbal. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
  • Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (1982): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG, 1995.
  • Nicolás, R. (1993): Diccionario dos verbos galegos. Pontevedra: O Cumio.
  • Piel, J. M. (1944): "A flexao verbal em portugês", separata de Biblos 20.
  • Pontes, E. (1973): Estrutura do verbo no português coloquial. Petrépolis: Vozes.
  • Santamarina, A (1974): El verbo gallego. Anexo 4 de Verba. Santiago.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]