Vinho do Douro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viñas en socalcos á beira do río Douro.

O Vinho do Douro é un viño portugués pertencente á mesma rexión co viño do Porto, mais coa súa propia rexión demarcada. Reciben o seu nome do río Douro.

Orixe e características[editar | editar a fonte]

A orixe destes viños amargos vén do costume dos ingleses de engadirlle augardente para que resistisen a longa viaxe de Portugal ás Illas Británicas. O viño apareceu rexistrado como Vinho do Douro, por primeira vez en 1679. Os viños do Douro da actualidade, son viños de mesa saborosos que lembran ao viño do Porto.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]