Vinho do Alentejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Vinho do Alentejo é un viño producido na rexión do Alentejo en Portugal. Esta variedade de viño, é unha das preferidas polos portugueses xa que representa o 47% da cota dos viños consumidos a nivel nacional malia representar só un 12% da produción vitinícola.

A rexión do Alentejo localizada no sur do país, é ideal para a produción de viños de alta calidade. Como moitos viños portugueses, o viño do Alentejo está protexido pola DOP. A rexión enteira está baixo a designación rexional Vinho Alentejano. Entre as DOP individuais da rexión atópanse as da Borba, Évora, Granja-Amareleja, Moura, Portalegre, Redondo, Reguengos e Vidigueira.

Os Alentejo produce viños brancos cun intenso e orixinal sabor afroitado e viños tintos lixeiramente acedos máis suaves e equilibrados no padal. Os viños tintos prodúcense baixo as variedades de Aragonez, Trincadeira, Moreto e Castelao Frances. Entre as variedades dos brancos destacan o Roupeiro e a Perrum.