Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade da Universidade de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O titular da Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade é a persoa responsábel de coordinar as accións de mellora da calidade dos servizos que presta a Universidade de Santiago de Compostela. Dentro dos seus obxectivos están os de deseñar e realizar procedementos de avaliación da docencia, investigación e servizos, mellorar a calidade de vida nos Campus, crear unha Oficina de Igualdade de Xénero e crear e apoiar figuras de excelencia docente no profesorado.