Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela
Aparencia
A Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua é a encargada de levar á práctica os sinais de identidade que dirixen as accións da Universidade de Santiago de Compostela como ‘a universidade das persoas’. Esta encomenda lévase a cabo a través de varios servizos que asisten a todos os membros da comunidade universitaria dende unha perspectiva social.