Vicente Sola Regido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Castrelo do Val, España |
Morte | 11 de agosto de 1918 Caldeliñas, España |
Causa da morte | homicidio |
Alcalde de Verín | |
1914 – 1917 ← Mariano Diéguez Amoeiro | |
Alcalde de Verín | |
1899 – 1909 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Vicente Sola Regido, nado en Castrelo do Val e finado en Caldeliñas (Verín) o 11 de agosto de 1918, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrante retornado, ao seu regreso foi presidente do Partido Conservador de Verín, era o representante no distrito de Luis Espada Guntín. Foi secretario do concello de Verín (1892). Foi nomeado alcalde de Verín en 1899. Volveu ser alcalde en 1914. Foi asasinado no balneario de Caldeliñas o 11 de agosto de 1918. Do asasinato foron acusados Francisco Núñez Estévez (quen alegou que o fixera por vinganza pois Vicente Sola obrigárao a ir ao servizo militar indebidamente, perseguiuno con cotas excesivas de consumos e vexouno publicamente) e Miguel Salgado, que foron xulgados do 5 ao 7 de abril de 1922, nun sonoro proceso en Verín.
Predecesor: ? |
Alcalde de Verín 1899 - 1909 |
Sucesor: ? |
Predecesor: Mariano Diéguez Amoeiro |
Alcalde de Verín 1914 - 1917 |
Sucesor: Antonio Rodríguez Ogando |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Armas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Olmet, Luis Antón del (1918). Antonio Marzo, ed. Galicia, llora (PDF). Madrid. Consultado o 21 de agosto de 2013.