Vicent Salvador
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de xaneiro de 1951 Paterna |
| Morte | 24 de xaneiro de 2023 Valencia |
| Vicepresidente PEN Català | |
| 2007 – 2023 (morte) | |
| Actividade | |
| Ocupación | filólogo, ensaísta, poeta, profesor universitario |
| Empregador | Biblioteca Nacional de España, patronato (2005–2008) Interuniversity Institute of Valencian Philology (en) L'Espill (pt) Universidade Jaume I, catedrático |
| Premios | |
| |
Vicent Salvador i Liern, nado en Paterna en 1951 e finado en Valencia o 24 de xaneiro de 2023, foi un escritor valenciano, catedrático de filoloxía catalá na Universidade Xaime I de Castelló de la Plana e membro da Xunta directiva do Institut Interuniversitari de Filologia Valenciana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1980 apareceu o seu primeiro poemario, Argiles, ao que seguen Ritual de cendra (1981), Calabruix (1985) e El mercat de la sal (1992). A súa era unha poesía intimista e existencialista, con temas como o paso do tempo, o amor ou a morte, ademais dunha forte identificación do home coa natureza.
Entre as súas obras de investigación e ensaio destacan El gest poètic : cap a una teoria del poema (1984), Invitació a la literatura catalana (1987), La frontera literària (1988) ou Els arxius del discurs (2000).