Verba volant scripta manent
Verba volant scripta manent é unha locución latina que significa literalmente "as palabras voan, os escritos permanecen". Esta máxima aconsella prudencia en circunstancias onde poñer algo por escrito podería ser comprometedor e prexudicial nun futuro, sobre todo en asuntos de especial gravidade. Suxire que o que se escribe débese pensar dúas veces, pero tamén que non debemos confiar naquilo que non foi posto nun papel. Resáltase nela a fugacidade das palabras, que se esquecen, fronte á permanencia das cousas escritas.
Esta cita semella estar tomada dun discurso de Caio Tito ao senado romano.
Segundo Alberto Manguel[1] no seu libro, esta frase antes significaba xustamente o contrario: louvaba á palabra dita en voz alta, que está viva, en comparación coa silenciosa palabra sobre a páxina, que está inmóbil, morta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ MANGUEL, Alberto: Unha historia da lectura. Barcelona: Random House Mondadori, 2005; páx. 99.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 10 de novembro de 2014 en Wayback Machine.