Ventilador de fluxo guiado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un ventilador de fluxo guiado é unha disposición de propulsión na cal un ventilador, que é un tipo de hélice, está montada dentro dunha cuberta ou conduto cilíndrico. O conduto reduce as perdas de empuxe das puntas das hélices, e a variación da sección transversal do conduto permítelle ao deseñador afectar vantaxosamente a velocidade e presión do fluxo de aire segundo o principio de Bernoulli. A propulsión con ventiladores de fluxo guiados úsase en avións, dirixibles, hidroesvaradores, aeroescorregadores e fanpacks.[1]

Os ventiladores de fluxo guiados normalmente teñen palas de menor tamaño que as hélices e polo tanto poden operar a maiores velocidades de rotación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. MIT Technology Review (ed.). "Fan Pack". Consultado o 27 de xaneiro de 2017.