Vendéspace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vendéspace
Datos
LocalizaciónMouilleron-le-Captif, Francia
Construción
Inauguración14 de setembro de 2012
Estadio
Capacidade4.900 espectadores
PropietarioConseil général de la Vendée
Eventos
Copa Davis 2014

Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns 2015

Campionato de Europa de Bádminton 2016

O Vendéspace é un complexo deportivo e cultural situado en Mouilleron-le-Captif, preto de La Roche-sur-Yon. O complexo construíuse entre 2009 e 2012 e o 14 de setembro de 2012 foi inaugurado coa presenza do baloncestista dos San Antonio Spurs Tony Parker. O complexo foi deseñado polo arquitecto Paul Chemetov e a obra tivo un custo de 60 millóns de euros. A construción conta cunha superficie de 21.000 m2 e a pista central posúe unhas 4.900 bancadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]