Vasos comunicantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vasos comunicantes.

Os vasos comunicantes son recipientes unidos por un conduto. Se vertemos un líquido nun recipiente calquera, este acada a mesma altura en todos eles. Isto é debido a que a superficie do líquido en contacto co aire está sometida á mesma presión en todos os puntos. Dita presión é a presión atmosférica.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

As aplicacións habituais son a trasfega de líquidos entre recipientes e o sifón.