Atol Vanavana
Aparencia
(Redirección desde «Vanavana»)
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Tureia | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 6 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Vanavana é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Tureia. Está situado ao sueste do arquipélago, a 55 km ao leste de Tureia e 110 km ao norte de Mururoa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É un atol pequeno de forma ovalada con 5 km de longo e 3,2 km de ancho. A superficie terrestre é de 2 km² e a lagoa é de 3 km². Ten dúas canles abertas á lagoa (hoas), unha no leste e o outra ao oeste.
Só é visitado ocasionalmente desde os atois veciños para colleitar copra. Non dispón de infraestruturas.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberto polo inglés Frederick Beechey en 1826, que o chamou Barrow.