Saltar ao contido

Van de Sobra. Toda unha personaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Van de Sobra. Toda unha personaxe
Tipocurtametraxe Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema de aventuras Editar o valor en Wikidata
Autoría
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Custo7.047 € Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración12 minutos Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Van de Sobra. Toda unha personaxe é unha curtametraxe de José Ángel Regueiro Rojo, rodada en 2007 en formato HD.

Armando Duval é un operario de correos afeccionado aos cómics. Mentres le un no seu traballo, é observado por un home estraño e enigmático, que lle aconsella que teña coidado cos exemplares únicos. Máis tarde, na súa casa, Duval é sorprendido por dous estraños personaxes.

Alí, o Doutor Notorius explícalle que tiña un axudante que, ante a falta de creatividade e inspiración á hora de debuxar, descubriu os raios UBRE, capaces de converter a unha persoa en personaxe de cómic.

Agora, a misión do Doutor é atopar os exemplares únicos para liberar as persoas convertidas en personaxe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]