Val volcánico de Waimangu
O Val volcánico de Waimangu é unha reserva panorámica nas proximidades de Rotorua, en Nova Zelandia.
Historia
[editar | editar a fonte]O val foi orixinado pola erupción da parte norte do Monte Tarawera o 10 de xuño de 1886. A erupción continuou até se expandir ao val actual que até daquela non rexistrara actividade volcánica ningunha. Tras da erupción, a vida vexetal e animal do val esmoreceu, creándose xa que logo unha nova estrutura biolóxica.
En 1917 produciuse unha nova erupción de menor calado, que con todo destruíu a Waimangu House.
Unha das características máis salientábeis da reserva é que ao ser a única no mundo da que se ten coñecemento exacto do inicio da actividade hidrotermal (1886) o seu estudo permite afondar nas fases de formación deste tipo de fenómenos.
No tocante ao aspecto xeolóxico, o val está situado sobre a liña de fogo do Pacífico, sobre unha enorme falla do terreo que acada o volcán Tarawera, o lago Rotomahana e o propio val.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |