Vía clínica
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
As Vías Clínicas son unha das principais ferramentas da xestión da calidade asistencial para a estandarización dos procesos asistenciais. Demostrouse que a súa implantación permite diminuír a variabilidade da práctica clínica.
Definición de Vía Clínica
[editar | editar a fonte]É unha ferramenta organizativa multidisciplinar que facilita unha relación secuencial óptima para un determinado diagnóstico ou procedemento dos diferentes actividades das profesionais que interveñen na atención ao paciente durante a estadía hospitalaria.
Historia
[editar | editar a fonte]"Clinical pathway": O concepto de Vía Clínica apareceu por primeira vez no New England Medical Center (Boston) no ano 1985 da man de Karen Zander. Xorde como resultado da adaptación dos documentos utilizados na Xestión da Calidade Industrial, os "PNTs" (Procedementos Normalizados de Traballo), cuxos obxectivos son:
- Mellorar a eficiencia no uso de recursos
- Finalizar o traballo nun tempo establecido
Criterios de Selección do Procedemento
[editar | editar a fonte]- Que se trate dunha patoloxía frecuente dentro do servizo ou hospital
- Patoloxía ben definida e que permita unha atención homoxénea
- Existencia de recomendacións de boas prácticas profesionais ou de opinións de expertos
- Variabilidade non explicada da atención
- Posibilidade de obtención de consenso profesional no hospital
- Implantación pluridisciplinar
- Patoloxía que presente un risco importante para o paciente
- Motivación por parte das profesionais de traballar na patoloxía
- Patoloxía que presente un custo elevado para o hospital
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.e-p-a.org
- www.nkp.be Arquivado 17 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- www.library.nhs.uk