Válvula de expansión termostática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Válvula de expansión termostática.
1. Diafragma.
2. Cámara
3. Agulla da válvula
4. Boquilla
5. Asento da válvula
6. Resorte
7. Axuste tensión resorte
8. Bulbo
9. Cámara de alta presión
10. Cámara de baixa presión
11. Tubo capilar

Unha válvula de expansión termostática (VET, ou das súas siglas en inglés TXV) é un dispositivo de expansión que ten por misión diminuír a presión do refrixerante e acadar a súa evaporación a baixa temperatura regulando a cantidade de refrixerante que entra no evaporador e evitando así un exceso de requentamento. Para que o seu uso sexa o máis eficaz posible é conveniente colocala o máis preto posible da entrada do evaporador.

VET.

Unha VET consta, principalmente, de catro partes ben diferenciadas: Diafragma, agulla e asento, resorte e bulbo.

Partes[editar | editar a fonte]

  1. Diafragma: é dun fino metal que se atopa xusto debaixo da cuberta circular da válvula.
  2. Agulla e asento: son os principais responsables do control do fluxo do refrixerante a través da válvula conseguindo un control moi axustado de dito paso. O tamaño da agulla e o seu asento determinan a cantidade de refrixerante líquido que pasa a través da válvula baixo unha determinada caída de presión.
  3. Resorte: é unha das tres forzas que actúan sobre o diafragma, facéndoo subir e pechando a válvula ó impulsar a agulla do seu asento. Algunhas válvulas incorporan un sistema de axuste para aplicar maior ou menor presión ó resorte, cambiando así a tensión para diferentes axustes de requentamento.
  4. Bulbo: o bulbo e o seu tubo capilar de conexión son a extensión do diafragma da válvula. O bulbo contén un fluído (por norma xeral, o mesmo que circula pola instalación) que detecta a temperatura ao final do evaporador (na liña de aspiración) e a converte en presión na parte superior do diafragma debido a dilatación ou contracción do fluído.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

O grao de apertura da válvula ven determinado por tres presións fundamentais, a presión do bulbo producida pola temperatura do bulbo que actúa na cara superior do diafragma e que tende a abrir a válvula, a presión de evaporación que actúa debaixo do diafragma pechando a válvula e a presión do resorte que actúa tamén na parte baixa do diafragma. No seu funcionamento normal, a presión do bulbo (Pb) é equilibrada pola presión de evaporación (Pe) e pola presión do resorte (Pr), é dicir, Pb=Pe+Pr. Cando Pb>Pe+Pr a válvula abre e cando Pb<Pe+Pr, a válvula pecha.

Se o evaporador recibe pouco refrixerante, o vapor requentarase máis e a temperatura á saída do evaporador será máis alta polo que a temperatura do bulbo tamén se elevará provocando un aumento de presión na parte superior do diafragma. A consecuencia disto, o diafragma mudará cara abaixo abrindo a válvula e subministrando máis líquido ao evaporador ata que se equilibre novamente. Polo contrario, cando a temperatura do bulbo comeza a ser máis baixa, a válvula pechará impedindo así o paso do refrixerante e forzando o requentamento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rapin, Pierre J. (1999). Formulario de Frío. Ed. Marcombo S.A. OCLC 47801771. 
  • Franco Lijó, Juan Manuel (2006). Manual de Refrigeración. Ed. Reverté S.A. OCLC 244194366. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]