Uxío Abuín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1991 (33 anos) Dodro, España |
Actividade | |
Ocupación | triatleta |
Deporte | tríatlon ciclismo de competición |
Uxío Abuín Ares, nado o 14 de maio de 1991 en Lestrobe (Dodro) é un deportista galego, que destaca no tríatlon.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a práctica deportiva da natación con 10 anos no Club Natación Padrón, pero aos 15, o club desfíxose e decidiu probar no tríatlon animado polo seu adestrador Alberto Álvarez. O ano seguinte foi convocado pola federación galega para representar a Galicia no campionato de España de Tríatlon por comunidades en idade escolar e conseguiu o título de campión de España nun dos seus primeiros tríatlons. A federación española concedeulle unha bolsa para adestrar no Centro de Alto Rendemento de Madrid, onde ademais cursou os estudos secundarios e comezou a carreira de INEF.
Estivo alí bolseiro durante 6 anos (2007-2013), nos que se formou como triatleta. A mediados do 2013 decidiu deixar a residencia. Comezou entón a súa etapa como deportista profesional. Adéstrase entre Lestrobe, Gran Canaria e Madrid, en función da época e a súa progresión.
Mellores resultados
[editar | editar a fonte]Campionato | Categoría | Data | Posición |
---|---|---|---|
Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar | Xuvenil | 2007 | Campión |
Campionato de Europa de Tríatlon Youth por relevos | Xuvenil | 2008 | 3º |
Campionato de España de Tríatlon | Júnior | 2009 | Campión |
Campionato Iberioamericano de Tríatlon | Elite | 2010 | 2º |
Campionato de España Universitario de Tríatlon | Universitario | 2010 | Campión |
Mundial Universitario de Tríatlon | Universitario | 2010 | 4º |
Campionato do Mundo de Dúatlon | Júnior | 2010 | Campión |
Campionato de Europa de Dúatlon | Júnior | 2010 | 2º |
Campionato de España de Dúatlon | Júnior | 2010 | Campión |
Copa de Europa de Tríatlon (Quarteira - Portugal) | Elite | 2011 | 8º |
Campionato de Europa de Tríatlon | Sub23 | 2012 | 12º |
Campionato de España de Tríatlon Sprint | Elite | 2012 | 2º |
Campionato de España de Tríatlon Olímpico | Elite | 2012 | 3º |
Copa do Mundo de Tríatlon (Banyoles - España) | Elite | 2012 | 9º |
Copa de Europa de Tríatlon (Holten - Países Baixos) | Elite | 2012 | 3º |
Copa de Europa de Tríatlon (Banyoles - España) | Elite | 2013 | 6º |
Copa do Mundo de Tríatlon (Palamós - España) | Elite | 2013 | 7º |
Copa do Mundo de Tríatlon (Cozumel - México) | Elite | 2013 | 10º |
Campionato de Europa de Tríatlon | Sub23 | 2013 | 4º |
Campionato do Mundo de Tríatlon | Sub23 | 2013 | 7º |
Copa de Europa de Tríatlon (Holten - Países Baixos) | Elite | 2014 | 10º |
Copa de Europa de Tríatlon (Quarteira - Portugal) | Elite | 2014 | 9º |
Campionato de Europa de Tríatlon | Sub23 | 2014 | 7º |
Campionato de España de Tríatlon Olímpico | Sub23 | 2014 | Campión |
Campionato de España de Tríatlon Olímpico | Elite | 2014 | Campión |
Copa de Europa de Tríatlon (Châteauroux - Francia) | Elite | 2015 | 6º |
Copa de Europa de Tríatlon (Egirdir - Turquía) | Elite | 2015 | 5º |
Copa de Europa de Tríatlon (Melilla - España) | Elite | 2015 | 3º |
Copa de Europa de Tríatlon (Sochi - Rusia) | Elite | 2015 | 2º |
Copa de Europa de Tríatlon (Constanta Mamaia - Romanía) | Elite | 2015 | Campión |
Copa de Europa de Tríatlon (Madrid - España) | Elite | 2015 | Campión |
Circuíto Europeo de Tríatlon | Elite | 2015 | Campión |
Campionato de España de Tríatlon Olímpico | Elite | 2015 | 3º |
Campionato de España de Dúatlon | Elite | 2016 | Campión |
Campionato de España de Tríatlon Sprint | Elite | 2016 | 2º |
Copa de Europa de Tríatlon (Madrid - España) | Elite | 2016 | 3º |
Copa Africana de Tríatlon (Agadir - Marrocos) | Elite | 2016 | Campión |
Copa do Mundo de Tríatlon (Tongyeong - Corea do Sur) | Elite | 2016 | Campión |
Copa do Mundo de Tríatlon (Miyazaki - Xapón) | Elite | 2016 | Campión |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do deportista
- Blog do deportista (en castelán)
- "Uxío Abuín, profeta na súa terra", artigo en La Voz de Galicia, 13 de outubro de 2010.
- "Uxio Abuin, constancia y superación", artigo en La Voz de Galicia, o 18 de setembro de 2014
- "Uxio Abuin hace sonar el himno de España en la Casa de Campo"[1], artigo en Marca, 10 de maio de 2015.
- "Uxio Abuin logra su primera victoria en la Copa del Mundo", artigo en Marca, o 22 de outubro de 2016.
- "Uxio Abuin pide paso con un impresionante doblete en Copas del Mundo", artigo en Marca, o 30 de outubro de 2016.
- "Hat-trick de Uxio Abuin", artigo en Marca, o 5 de novembro de 2016.
- ↑ MARCA.com (2015-05-10). "Uxío Abuín hace sonar el himno de España en la Casa de Campo". MARCA.com (en castelán). Consultado o 2016-11-13.