Usuario:XesusMartinez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nado o 17 de maio de 1976 en Biel-Bienne (Suíza). Actor e guía turístico. Dende 2012 realiza as visitas guiadas teatralizadas do Consorcio de Turismo da Coruña, entre as que destacan as nocturnas do cemiterio coruñés de San Amaro. En Compostela encarna ao estudiante Casimiro Barcala nos Roteiros Troianos organizados polo Museo da casa da Troia. Colabora en diferentes radios e protagonizou a serie Peregrino da TVG no 2017.