Usuario:Su Neutralidad/Charo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo «Charo» é un adxectivo pexorativo xordido en España nos anos 2010 como crítica ás mulleres feministas, progresistas e de mediana idade. Foi definido como a nova versión dos termos pexorativos españois «Maruja» e «Teresa», e foi comparado coas Karen estadounidenses (rexeitándose tamén esta comparativa, en tanto ambos conceptos teñen distintas cargas terminolóxicas). ​​En ocasións, utilízanse as xergas complementarias «charía» ou «charocracia» para definir o poder político que posúen moitas supostas Charos, así como a influencia social derivada do mesmo, en lugares coma España ou Suecia.​​​ O seu uso é comúnmente asociado coa dereita populista e a extrema dereita, tendo sido empregado públicamente por partidos como Vox e España 2000.​​​​​​​ Comentaristas de periódicos de dereita política, como Ignacio Ruiz-Quintano, caracterizaron ás Charos, tanto como sostedoras do PSOE e do goberno de Pedro Sánchez, como a políticos e políticas de esquerdas séndoo elas mesmas.​​​

Orixe e definición

Charo é unha abreviatura tradicional do nome español Rosario. O uso de este nome como término pexorativo remóntase ao ano 2011, cando foi definido por primeira vez no foro español burbuja.info. Tras estenderse o seu uso a ForoCoches, o termo sería popularizado y comezaríase a debatir públicamente a partir de 2019, a consecuencia da mención do mesmo en Twitter por parte da activista feminista española Barbijaputa.

O Diccionario do Español Total define «Charo» como:

  n. fem. Muller española de mediana ou avanzada idade, de tendencia esquerdista e con certo comportamento recalcitrante. A súa tía María é unha charo de manual; Fumos a un garito e estaba cheo de charos. Emprégase como despectivo por parte de persoas de dereitas.

Pola súa parte, Miguel Ángel Quintana Paz recompila outras definicións do termo. A definición de ForoCoches popularizada por Barbijaputa é a que sigue:

Unha charo é unha muller, solteira/divorciada, de máis de 30 ou 35 anos, xeralmente sen fillos, que se caracteriza por estar sempre amargada, vivir soa, bueno, cos seus gatos, tivo, ten e terá problemas de depresión, o prozac é un clásico da súa vida, e a súa vida sexual limítase a un consolador da sua cor favorita. É a “muller liberada que non precisa dun home na súa vida” e esa vaina funciona até que lle pasaron os 30 ou os 35 anos, agora está queimada da vida e é, no mellor dos casos un xoguete roto.

Ana Iris Simón, nun artigo para Vice, definiuno como:

Unha Charo viría a ser, no imaxinario creado ou recreado pola alt-right española, unha muller de mediana edad, normalmente divorciada, que cre que ter un satisfyer é unha personalidade e que o PSOE é de esquerdas.

A periodista de El Mundo Beatriz Miranda recibiu a seguinte definición para un artigo:

"Charo é unha tipa axada de esquerda. Coidado, que non ten que ser vella: podes ser 'charo' con 29. A condición é estar maltratada pola vida e refuxiarte nun esquerdismo lobotomizador. Adoita ser funcionaria, pero non sempre. Divorciada as máis das veces. Fumadora de Marlboro light, da a turra co 8-M coma se ela fose a única que entende o feminismo e é ideológicamente pechada, aínda que pretenda o contrario. Lideresas das 'charos': Almudena Grandes, Adriana Lastra, Maruja Torres, Elvira Lindo, Julia Otero...". Respuesta del feminismo

O termo recibiu numerosas críticas desde sectores feministas, incluíndo acusacións de arrogancia masculina, acomplexamento masculino, machismo, misoxinia, e de ser unha forma de violencia contra as mulleres. Entre as mulleres que denunciaron o emprego do termo áchanse Adriana Lastra e Lidia Guinart.

Porén, desde a súa popularización por parte de Barbijaputa, outras feministas reponderon apropiándose do termo, incluíndose a ela mesma. A periodista María Sánchez Díez, creadora do tuit citado por Barbijaputa, respondeu aos trolls que o empregaban contra ela co cancelo #JeSuisCharo, o cual foi seguido por outras mulleres. Entre as mulleres que decidiron reapropiarse do termo atópanse as tamén periodistas Noemí López Trujillo e Ana Requena.