Usuario:Simon garcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Simón García Sánchez.

Contrabaixista de Mugardos (1977).

Estuda baixo eléctrico e música moderna con Jose Luis Cuba á idade de catorce anos. Comeza os estudos de contrabaixo con Manuel Iglesias e obtén o título profesional no conservatorio de A Coruña con Antonio Portela. Amplía a formación instrumental na "Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia" con Alfonso Morán e Carlos Méndez. Estuda o grao superior no Conservatorio Superior de Salamanca con Damían Arenas e Ruth Alonso. Recibe cursos de perfeccionamento instrumental de Daniel Machado, Carlos Méndez, Damián Arenas, Alexander Michno, Alfonso Morán e Ludwig Streicher e asiste como alumno a varias edicións do festival de contrabaixo "Ludwig Streicher",participando no concerto de profesores da primeira edición do festival. Recibe clases maxistrais da mán de N.H.O.P e Denis Irwin.

Tocou con distintas orquestras e ensembles como a J.O.N.D.E, a Orquesta Sinfónica de Melide, a Real Filarmonía de Galicia, a Orquestra Sínfónica de Galicia, a Orquestra de Cámara Galega, a Orquesta Nacional de España, o Ensemble Nacional de España de Música Contemporánea,a Banda Sinfónica Municipal de A Coruña, entre outras. Participou na estrea en España do espectáculo audiovisual "Trashumance.l´Heure du troupeau..." xunto as compañías francesas OPOSITO,METALVOICE e DÉCOR SONORE, ademais do GRUPE F e Bagag de Plougastel. Formou parte de grupos como o trio de novas músicas Charavisca, co que fixo xira nacional polo INJUVE, o Jazz Toy Cuarteto, a Big Band do Conservatorio Superior de A Coruña, Oleo Quartet, liderado polo pianista, residente en Brooklyn, Vicente López, entre outros.

Acompañou a artistas como Xoan Rubia & Sphaira, María Manuela, o grupo infantíl Ledicia, Mugardos, Perlita del caribe,etc. Impartiu clases no departamento de música moderna da escola municipal de música de Oleiros. A sua formación Jazzística é autodidacta, participando en cursos de armonía e improvisación no jazz con Pedro Iturralde, Jose Luis Evangelista, Alfonso Morán e Pedro Cañada. Conta na súa discografía con diversas grabacións, tanto con artistas, orquestras ou con grupos dos que formou parte. Participou en distintos programas e retransmisións de concertos para TVE, TVE2, TVG, TELE 5, TELE MADRID, CANAL SATELITE DIGITAL, RTVE, RTVG, así como na gravación de anuncios publicitarios para televisión (de emisión nacional). Actualmente é o contrabaixista das agrupacións de Jose Luis Evangelista (Trio, Cuarteto e Quinteto), có que compartiu cartel en festivais con xente da talla de The Brecker Brothers, Getawey,Baldo Martínez grupo, ou Dianna Rivees, entre outros, ademáis de compartir escenario có saxofonista George Coleman. Actualmente colabora tamén no trio do pianista Dani García.

CONTACTO: simon_garcia@mundo-r.com