Saltar ao contido

Usuario:Rosalia.no24

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, son Rosalía González Lodeiro e veño do I.E.S Breamo (Pontedeume) , de 2º da E.S.O. Creei esta conta para comezar a escribir información na Wikipedia.


Paulo Londra[editar | editar a fonte]

Paulo Ezequiel Londra Farias é un cantautor e rapeiro arxentino que conquistou o xénero do trap con inxenio, habilidade e curta idade, baixo o nome dun selo independente. É orixinario de Córdoba, Arxentina e naceu o 12 de abril de 1998. É coñecido hoxe por liderar os rankings de xénero urbano con máis de 20 millóns de reproduccións en Spotify, gañando o respecto e recoñecemento doutros artistas piares como J Balvin. Actualmente reside en Colombia, onde se prepara para lanzar o seu primeiro disco.

Estilo musical de Paulo Londra[editar | editar a fonte]

O xénero que define o intérprete é a trap (un subxénero musical do hip hop, orixinado nos anos 90 no sur de Estados Unidos). Desde os 13 anos, Paulo Londra foi atraído por diferentes xéneros como o hip hop e o rap. A súa música foi fuertemente influenciada polo famoso rapeiro Eminem, porque ambos teñen un comezo artístico similar. Do mesmo xeito foron outros artistas como: Fianru e Movimiento Original que inspiraron a súa entonación. Tamén se nutriu coa música de Cosculluela, The Rolling Stones e Bad Bunny para traballar na creación de novas melodías que mesturen distintos ritmos de forma versátil.

Carreira[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira no 2017, cando lanzou o seu primeiro single "Relax", que se posicionou despois duns meses como o hit arxentino do ano.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Homerun (TBA)