Usuario:O.millo.corvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, son o autodenominado millo corvo. Aínda que non son de Meiro!

Son programador de profesión, e tento facer outras moitas cousas por vocación (andar na bici, ler nos libros, ver pra os paxaros, correr nos pés, desfrutar da Natureza do noso país e do mundo, acariñar á cadela, aprender nalgunhas cousas, rañar na barriga...).

Fixen as miñas primeiras edicións na Wikipedia (e escribín algúns artigos) hai xa moitos anos, cun vello usuario que non quero recuperar. Hoxe, cuns cantos anos máis enriba, espero poder contribuír a este proxecto.

A terra arada e labrada
só quere ser sementada


TODO / A facer[editar | editar a fonte]

  • Ampliar o artigo de Punta Balea
    • Rematar o relativo á lagoa da Congorza Mellorable, pero riscámolo.
    • Apartado adicado ao se estatuto legal, en perspectiva histórica, e ameazas medioambientais actuais así como intervencións realizadas
    • Praia do Medio, praia da Congorza, Areamilla e o Corveiro precisan canto menos un apartado específico
    • Fontes sobre a historia do lugar. Adicarlle tamén un apartado
    • Mellorar e ampliar as fotos. Mapa?
  • Mellorar e ampliar o artigo adicado á parroquia de Darbo (fotos, novos contidos, tradución dende os aspectos interesantes dende o castelán)
  • Comezar o artigo sobre o millo corvo
  • Tradución sobre a tabardilla
  • Canto menos bosquexar artigo sobre Emilio Santiago Muíño
  • Sopesar a posibilidade de crear un artigo adicado ao grupo Copa Turbo
  • Artigo sobre TODO(feito!), FIXME.
  • Modelo centrado nas aves?
  • Manolo Camaño Comezado ;)
  • Traducir e ampliar (tirar algunhas fotos?) o artigo sobre unhas das nosas máis sobranceiras invasoras, a orella de gato, tamén chamada por esta zona "herba das pitas".
    • Comezado, aínda que non topei ningunha referencia polo nome de "herba das pitas". Só podo acreditar que comen con gusto nela.