Usuario:Norrin strange/WPS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Outras[editar | editar a fonte]

  • Seres vivos
  • Obras de arte
  • Universidades
  • Partidos políticos e sindicatos
  • ONGs

WP:Forzas políticas e sindicatos[editar | editar a fonte]

Polo que seguín en varias discusións e polos títulos de artigos de partidos políticos hai unha norma non oficial que establece que os partidos estranxeiros tradúcense (agás algún caso particular) mentres que os partidos que actúan en España titúlase segundo como estea inscrito no rexistro de partidos políticos do ministerio do Interior mentres que os partidos históricos españois levan o nome que utilizaran. A miña pregunta é se debemos estender esa regra ao resto de organizacións que non sexan partidos políticos, ou non, e utilizar o seu nome orixinal sexan de onde sexan ou traducilos sexan de onde sexan, a dúbida venme polo artigo Unión de Mulleres Antifascistas titulado en galego pero no seu interior aparece unha ligazón a Mujeres Libres da CNT. E non sei se debemos igualar todo en galego ou ben mover o artigo a Unión de Mujeres Antifascistas que era o nome que empregaba a organización tamén en Galicia.--Arco de Rayne 14:41, 24 abril 2008 (UTC)
  • Partidos políticos tradúcense: Esquerda Unida, Partido Republicano (Estados Unidos), etc.
Excepcións: Aqueles sen tradición en galego, ou con nome non descriptivo ao traducilos, como o Sinn Féin (irlandeses en xeral), Batasuna (vascos en xeral), Plaid Cymru (galeses en xeral).
Penso que deberían traducirse, agás cando a tradución perdese totalmente o sentido: Sinn Féin, Herri Batasuna, etc. --Norrin_strange (Fala-me) 6 de marzo de 2014 ás 15:15 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo Pontevedra78·conversa 6 de marzo de 2014 ás 21:05 (UTC)

ou haxa unha tradición asentada de non traducir, casos como ERC: Esquerra Republicana de Catalunya, partido cunha longa tradición en galego de manter a forma orixinal, e así aparece en ducias de libros e publicacións especializadas en galego,--Sernostri (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 22:09 (UTC)