Usuario:Maañón/ensaios/traducions

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(este é un artigo que reflicte somente a opinion dos que colaboraron na súa edicion. por favor, contribue)

---

Traducións doutras wikis: si/non, en que casos? que consideracions seguir?[editar | editar a fonte]

Proposito[editar | editar a fonte]

O proposito deste mini-ensaio é o de servir de catalizador para plantexármonos as traducions. ¿contribúen as traducions doutras wikis positivamente á Galipedia? ¿cando si e cando non? ¿que deberia ter en conta se fago unha tradución?.

Agradeceríache que me axudaras neste miniensaio de dúas formas: 1) complementándoo coas tuas opinions 2)bótalle unha ollada a ver se hai escrito algo noutras wikis, eu por agora teño dabondo con escribir o que teño na cachola.

Consideracions a ter en conta ao traducir[editar | editar a fonte]

Consideracions filosoficas[editar | editar a fonte]

  1. traducir doutras wikis é unha actividade en xeral moi beneficiosa para a galipedia, pois somos poucos como para que isto medre dabondo se se "escomeza de cero" cada artigo. Médrase mais, tanto en cantidade como en calidade, se se parte "dos hombreiros" dos anteriores escritores, non desde cero
  2. o rexeitar as traducions semella egoísmo (no sentido neutro da palabra, de considerar que a nosa aportacion é mais valiosa que o que fixeron os demais). Ademais, en xeral, os artigos acostuman ser ben a)traducions ou ben b)refritos de varias paxinas web ou libros, ou senon c) refritos do que alguén ten nos miolos (o cal, a non ser un erudito na materia, non acostuma ser a informacion mais completa e obxectiva).
  3. o traballar nunha traducion, en troques de escomezar a facer algo desde cero, é unha actividade menos "egocentrista" que a de escomezar de cero: reflicte o recoñecemento da validez do traballo feito polos demais, e o recoñecemento da validez do traballo en equipo (todas as aportacions son válidas, as pasadas e as futuras)

Consideracions éticas[editar | editar a fonte]

  1. xamais traducir dun artigo que non esteas seguro de que non ten copyright
  2. debes indicar sempre a referencia da wiki ou paxina sen copyright fixeches a traducion, para que un terceiro poda contrastar a traducion
  3. debes intentar traducir o artigo enteiro, non crear artigos que sexan somente pequenos anacos do orixinal e xamais creando un esbozo
  4. se detectas un erro no que estás a traducir, deberias correxir ese erro tanto na traducion como no artigo orixinal (se podes)
  5. Se traduces doutra wiki, deberias indicar de cal o fixeches. É obrigatorio esta referencia xa que senón estarías vulnerando a Licenza GFDL baixo a que se publica todo o contido wiki, que obriga a atribuir a orixe da tradución.

Consideracions prácticas[editar | editar a fonte]

  1. ollo!, o que sae dun tradutor automatico precisa revision túa, xamais consideres o traballo concluído soamente coa traducion en bruto que sae dun tradutor automático
  2. se queres ser produtivo, para as traducions do castelan escomeza o traballo co tradutor automático e adica o teu tempo á actividade máis creativa de correxir a traducion automática e ademais correxir e/ou completar o artigo con informacion doutras fontes.
  3. ollo coas traducions automaticas do castelán: conteñen case sempre uns xiros lingüísticos idénticos aos casteláns que, aínda que en moitos casos son válidos, reflicten só uns casos particulares de expresions/xiros/vocabulario. Se todo se fixese con este tradutor, a riqueza lingüística da Galipedia sería moi baixa, un galego descafeinado. Se utilizas ese tradutor, trata de cambiar alguns xiros/expresions... leva mais tempo pero paga a pena
  4. coido que se conseguiría o efecto contrario ao do ponto anterior se se tivera un tradutor automático portugués->galego, ¿hai qlguen que saiba dalgunha paxina ao respecto?
  5. Confirme as fontes. Sempre que se faga unha tradución e moi importante confirmar as referencias, ampliar a bibliografía e contrastar as fontes. Deste xeito posibles erros de artigos doutras wikis non van ser propagados aos demais proxectos.
  6. Escolla do artigo a traducir:
  • Artigos con problemas: Nunca partas para a traducion dun artigo que teña postas en custion na paxina talk as afirmacions expostas no artigo. Tampouco partas dun artigo que estea catalogado como "non neutral", "non fiable", etc.
  • Artigos destacados: Aqueles artigos que foron destacados noutras wikis fórono por algunha causa. Paga a pena averiguar o motivo e que sexan preferentes no momento da escolla para a tradución.
  • Artigos máis solicitados: Existen artigos moi demandados na galipedia, esto é aqueles artigos non creados pero que son demandados nos propios artigos xa creados e aparecen como enlaces en vermello. Existe unha lista automática destes artigos máis demandados Artigos máis solicitados. A súa creación é máis útil en canto enganden maior información a un maior número de artigos xa existentes na Galipedia.