Usuario:Loretodvpabloar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A (Nosa) Casa de Galicia en París (A.N.C.G)[editar | editar a fonte]

Contexto histórico[editar | editar a fonte]

Durante o Franquismo, etapa histórica caracterizada pola ditadura, houbo uns importantes movementos de emigración cara ás grandes cidades europeas e sudamericanas. Esta emigración afectou especialmente «às populaçons do interior da Galiza e está dirigida tanto aos “Polos de Desarrollo” do Estado (entre eles Corunha e Vigo) como aos centros industriais europeus. (…) Estas deslocaçons populacionais explicam, a um mesmo tempo, a configuraçom da estrutura e mesmo o desaparecimento de actividades culturais nos territórios de partida (eliminaçom de festas no meio rural, por exemplo) e, sobretudo, o surgimento ou reforçamento de organizaçons e infraestruturas culturais nos espaços receptores, sejam estes Centros Galegos e associaçons em cidades peninsulares e europeias». [1]

«A emigraçon favoreceu a resoluçom de alguns desajustes sociais na Galiza; por exemplo «o contacto e o confronto da situaçom económica e político-social da Galiza com a das democracias europeias favorece a percepçom crítica da realidade espanhola e altera em maior ou menor medida a mentalidade e o horizonte de espectativas dos indivíduos relacionados directa ou indirectamente com esses outros espaços (que voltam com pautas de comportamento modificadas); ao mesmo tempo, a entrada das divisas geradas polo trabalho emigrado contribuiu decisivamente para a mudança social das famílias, ao serem dedicados recursos ao acesso dos seus descendentes à formaçom escolar e universitária».[1] Este alargamento da población universitaria explica a intensa actividade político-cultural da mocidade universitaria en resposta ao réxime ditatorial.

De toda esta produtividade, debemos destacar a europea e peninsular, «referenciada na criaçom de publicaçons ligadas a grupos de esquerda, nomeadamente à UPG e, em menor medida, ao PCG; ao lado destas, documentamos também a criaçom dalgumhas revistas editadas por centros galegos, como a fundaçom da Casa de Galicia en Paris (activa, desde 1976)». [1]

«Pola sua parte, quanto às entidades com maior tradiçom e capital acumulado nos enclaves, é possível acompanhar tanto o ritmo como os espaços geográficos de expansom da diáspora galega pola data de fundaçom das suas instituiçons mais representativas, sobretudo daquelas mais formalizadas e com maior capacidade de institucionalizaçom, os centros galegos. (…) Em geral, os enclaves estám caracterizados por umha participaçom irregular, descontínua e relativamente reduzida no sistema literário (sobretudo se considerada em relaçom ao conjunto das suas actividades). Este tipo de intervençom também pode ser verificada através do campo editorial, onde o conjunto da produçom dos enclaves nom alcança o 4% do volume total de referências para o subcampo da ediçom em galego (com maior actividade na América)». [1]

A (Nosa) Casa de Galicia en París[editar | editar a fonte]

O centro galego A (Nosa) Casa de Galicia en París foi fundado en 1976 por Javier Alvajar e José Calviño Ozores (entre outras personalidades), e a el estaba ligada a publicación Boletín Casa de Galicia [en París], que tivo actividade entre os anos 1976 e 1978. 

A este centro estaban ligados un grupo folclórico e o coro Alborada da Casa de Galicia de París, do que foi director Carlos López García-Picos.

Evolución histórica[editar | editar a fonte]

Esta sociedade naceu o 22 de maio de 1997 da man dun grupo de galegos residentes en París, amantes da cultura galega e motivados pola desaparición da antiga Casa de Galicia fundada en 1976 e que desaparecera en 1978. Unhas setenta persoas asistiron a unha reunión nos locais do grupo folclórico da antiga Casa de Galicia, coa intención de crear outra asociación galega en París. Así, fundouse “A NOSA CASA DE GALICIA” Asociación Cultural y Deportiva. Nomearon unha directiva de transición e interpuxeron unha denuncia contra a antiga directiva da Casa de Galicia pola súa mala xestión (que levou a desaparición da sociedade), nun intento de dar certa credibilidade á nova asociación, deixando claro que non tiñan nada que ver coa anterior. Nunha carta de presentación da nova sociedade dirixida pola directiva aos “galegos da diáspora” poñen de manifesto as súas intencións: Os galegos de París e da súa bisbarra que crearon esta nova entidade galega que despois de corenta anos outros galegos quixeron poñerlle fin esquecendo, cecais a terra que os veo nacer. Esta presencia pola que nos loitaremos sempre por derriba de todas ideoloxías políticas, de todos oportunismos, de todos los partidismos egoistas e sin ialma” [2].

Os socios fundacionais da nova asociación foron[2]:

  • Presidente: Vicente Alonso
  • Vicepresidente: Celso Romero
  • Secretario: Xavier Pena
  • Vicesecretario: Antonio Rodríguez
  • Tesoureiro: Manuel López
  • Vocais: Manuel Martínez, Celso Acevedo, Mercedes Adega, Antonio Álvarez, Alfonso Fernández, Máximo Fernández, Saúl Pernas, Luz Seijo, Mercedes Vázquez e Manuel Vilas.

O actual Presidente é Senén Fente Díaz.

Obxectivos da asociación[editar | editar a fonte]

O propósito da asociación é o de reunir ós galegos residentes en Francia, exaltar os valores galegos, difundir a cultura galega, favorecer as manifestacións artísticas e literarias referidas a Galicia e motivar o deporte (sobre todo o fútbol). (art. 2 dos Estatutos).


A asociación organiza actividades culturais como cursos de galego, conferencias, mesas redondas, exposicións, etc. Tamén dispón dunha biblioteca (con obras de referencia da literatura galega que xa existían na antiga Casa de Galicia) e dun grupo de baile galego que recibe o mesmo nome que a asociación. No centro, (situado na 91 Rue du Ruisseau, Paris) pódese atopar un bar e un restaurante nos que gozar de pratos da gastronomía española e galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Páxina web da Casa de Galicia en París[1]

Artigo do periódico La Voz de Galicia[2]

Vídeo dunha actuación organizada pola Asociación A Nosa Casa de Galicia en París [3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Samartim, López-Iglesias, Roberto (2010). O PROCESSO DE CONSTRUÇOM DO SISTEMA LITERÁRIO GALEGO ENTRE O FRANQUISMO E A TRANSIÇOM (1974-1978). [Tese doutoral] (PDF). Faculdade de Filologia - Departamento de Filologia Galega (USC). 
  2. 2,0 2,1 Sixirei Paredes, Carlos; Campos Álvarez, Xosé Ramón; Fernández Martínez, Enrique (2001). A NOSA DIÁSPORA DA EMIGRACIÓN Á GALEGUIDADE. Asociacionismo Galego no exterior (tomo II). XUNTA DE GALICIA. ISBN 84-453-3011-X.