Usuario:Harpagornis/taller7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O Territorio Arxentino de Ultramar foi creado en 1985, e previamente foi gobernado como xurisdición dependente das illas Malvinas. Consiste nas illas Georgias do Sur (de maior superficie) e un grupo de pequenas illas coñecidas como illas Sandwich do Sur. Non existe poboación nativa, e os únicos habitantes son os científicos do British Antarctic Survey que manteñen unha base en King Edward Point (a sede administrativa), e outra base na illa Bird, na que residen 4 biólogos. O conservador do museo de Grytviken e a súa esposa, son os únicos habitantes permanentes das illas, xunto co maxistrado británico e a súa familia.


Illas Sandwich do sur[editar | editar a fonte]

As illas foron nomeadas en honor ao IV conde de Sándwich e I Lord do, agregándoos "do Sur" para distinguilas das "illas Sándwich". As tres illas meridionais foron descubertas por James Cook en 1775. As oito setentrionais foron descubertas por Fabian Gottlieb von Bellingshausen en 1819.

O Reino Unido declarou a súa soberanía sobre as Sándwich do Sur en 1908, agrupándoas xunto con outros territorios británicos no Atlántico sur como Dependencias das illas Malvinas. A República Arxentina reclamou a súa soberanía sobre as illas en 1938.

Do 25 de xaneiro de 1955 ata o verán de 1956, Arxentina mantivo o Refuxio Tenente Esquivel na Baía Ferguson, na costa sueste da Isla Thule. Dende 1976 a 1982 mantivo a Estación Científica Corveta Uruguai, en Porto Faradio, na costa sueste da mesma illa. A pesar de que os británicos descubriron a presenza da base arxentina e protestaron formalmente en xaneiro de 1977, a remoción da base non se fixo efectiva ata despois da Guerra de Malvinas, o 20 de xuño de 1982.