Usuario:Harpagornis/taller4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  Inicio   Galería   Creacions   Mensaxes   Taller  



  Taller 1   Taller 2   Taller 3   Taller 4   Taller 5  

O Koryaksky, tamén chamado Koriaka, Koriaksky, Koriatzkaia, Korjaka, Korjazkij, Koryaka, Koryakskaya sopka, Streloshnaia sopka ou tamén Streloschnaja,1 (en ruso: ), é un volcán de Rusia situado no sur da península de Kamchatka, no krai do mesmo nombre.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Koryaksky encóntrase en Rusia, no sur do krai e da península de Kamchatka, rodeado polo volcán Avachinsky ao sueste e pola cidade de Petropávlovsk-Kamchatski ao sur. O Koryaksky ten 3.456 metros de altitude o que fai del o cumio máis elevado do grupo volcánico de Avachinskaya. Ten a forma dun cono de pendentes regulares pero cortadas pola erosión, formando algúns pequenos vales abruptos, sobre todo na parte meridional. A montaña é un estratovolcán que forma parte do cinto de lume do Pacífico e debido ás súas erupcións explosivas inclúeselle na categoría dos volcáns grises.3 Sus erupcións producen cúpulas de lava, penachos volcánicos, nubes ardentes, pequenas correntes de lava e lahars. [Ficheiro: Koryaksky Volcano.jpg Visto dende a cume do Avachinsky ]

Historia[editar | editar a fonte]

Soamente se produciron tres erupcións no Koryaksy dende 1890. A última, a máis potente das tres, cun índice de explosividade volcánica de 3, produciuse dende decembro de 1956 a xuño de 1957, no cumio e na aba este superior. As explosións xeraron nubes ardentes e lahars que non produciron danos, nin vítimas.

Agás estas tres erupcións recentes, tamén se produciron outras en 1550 a. J. C., 1950 a J. C. e 5050 a. J. C,3 pero ningunha tivo carácter de cataclismo, ata o punto de modificar profundamente a topografía do volcán, por exemplo. Ningunha erupción implicou grandes danos materiais ou vítimas humanas pero a proximidade dos volcáns Avachinsky e Koryaksky coa cidade de Petropávlovsk-Kamchatski, a maior cidade e capital do krai de Kamtchatka, e a natureza das súas erupcións explosivas decidiu os vulcanólogos a incluílos ambos os dous na lista dos volcáns da Década.

Anexos[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

Enlaces Externos[editar | editar a fonte]