Saltar ao contido

Usuario:Héctor Silveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Festa do Maio de Vilafranca[editar | editar a fonte]

A Festa do maio de Vilafranca do Bierzo é a única manifestación viva do denominado maio humano na Comunidade de Castela e León e case a única referencia que aínda segue realizándose cada ano deste tipo de maio no Noroeste peninsular.[editar | editar a fonte]

Trátase dunha festa tradicional que responde a unha das tipoloxías  comúns denominada polos etnógrafos de maios vivintes ou tamén maio-mozo ou humano.  Estes maios eran moi populares e estaban presentes en toda a xeografía galega e no norte de Portugal.  Perviviron moitos deles ata comezos do século XX, mais foron desaparecendo en diversas vilas galegas dende o Barco, na comarca veciña de Valdeorras, ata A Coruña. Ocorreu outro tanto en Mondoñedo, Morforte, As Nogais, Celanova, Santiago, Lugo, Viana do Bolo, Pontedeume, Ribadeo, Verín agás nos casos de Viveiro, onde parecen recuperarse e Portomarín que non hai moito que deixaron de saír ás rúas.  A pintura de Dionisio Fierros do maio de Ribadeo varias citas literarias de autores como Curros Enríquez, Nicolás Tenorio ou Álvaro Cunqueiro testemuñan nos seus textos a presenza destes maios humanos, hoxe case desaparecidos.  

A Festa do Maio de Vilafranca  forma parte dos maios galegos pola lingua (o galego do Bierzo) coa que se cantan as súas coplas tradicionais pois teñen como característica que se repiten sen variación cada ano.  

Maios humanos de Vilafranca do Bierzo
Maios humanos de Vilafranca do Bierzo 1988
  1. Descrición: Tradicionalmente eran os nenos dun barrio os que na mañá do 1º de maio, tras cortar “as cañaveiras”, este apio cabalar (Smyrnium olusatrum) co que é costume vestir ao maio en Vilafranca  escollían ao máis alto para cubrilo con esta planta atándoa ao seu corpo ata que non se lle recoñeza, tapándolle mesmo a cara e cobre un aspecto arbóreo con dificultade para andar dereito e ríxido. A comitiva que o acompaña vai cantando as coplas e música que seguen como dixemos un patrón que se repite cada ano.
  2. Letra: Seguindo a estrutura da cantiga dos maios de Vilafranca podemos distinguir coplas de presentación: Marzo airoso, abril chuviñoso, Sacan ao maio florido i hermoso.
    Este maio, señora é, Este é o maio que andaba de pé.
    Coplas petitorias e de resposta: Tire castañas, señora María, Tire castañas cas tein na cociña. Estas portas son de ferro onde vive un caballero.
    Ademais dunha copla de peche: Levántate maio, bastante durmiche, pasou un burro e non o sentiche.
  3. Simboloxía: As castañas maias ou secas que se piden e que a veciñanza bota desde os balcons á comitiva dos maios é unha clara evidencia do remate do ciclo da castaña que tanta importancia ten na comarca berciana. O burro que se pode identificar co inverno e, a modo de ritual profano, o feito de deitar e erguer ou levantar o maio simbolizando o espertar da Primavera e o seu vigor fecundo que co maio chega as prazas e rúas desta vila de fonda tradición agraria.
  4. Música:  A melodía musical que canta a comitiva que acompaña ao maio humano (sempre a mesma), resulta ser moi semellante a unha medieval francesa, tamén de orixe tradicional, co que se pode especular cunha conexión xacobea ao estar situada Vilafranca no Camiño Francés a Compostela, sendo so seu apoxeo consecuencia dunha poboación de procedencia francesa que se asentou na vila segundo apunta un estudo publicado no ano 1993 pola Escola de Gaitas de Vilafranca, concluíndo que se trata dun dos festexos tradicionais máis antigos e peculiares desta vila, amante dos costumes, unha ineludible e formidable marca de identidade para o Bierzo.
  5. Valor ecocultural: Declarada  de Interés Turístico Provincial pola Diputación Provincial de León en 2009,  é referente principal dos bens do Patrimonio Inmaterial Cultural do Bierzo que adquire nos nosos días, unha marca de identidade ligada á lingua, á ecoloxía e a forte personalidade de Vilafranca e dos bercianos.