Usuario:Elisardojm/Pero a Galipedia é moi especial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Pero a Galipedia é moi especial


 
* Todo o mundo pode colaborar, é un wiki.


* É gratuíta.


* É en galego 100% normativo da RAG.


* Forma parte dos proxectos da Fundación
Wikimedia.

Anterior                                                                                                Inicio                                                                                                Seguinte

 

Notas[editar | editar a fonte]

Actualmente todo o mundo xa sabe o que é a Wikipedia, a enciclopedia libre na que todo o mundo pode editar. Todo o mundo pode achegar contido, facer arranxos, etc, e ten unha licenza libre.

A Galipedia ten as mesmas características pero ten un valor engadido: é en galego normativo 100%. Polo menos iso é o que tentamos tódolos días. Por iso hai xente que se adica a corrixir os problemiñas que van atopando, xa que cada usuario ten un nivel diferente de galego.

A Galipedia, por suposto, forma parte da F. Wikimedia que é a que da o soporte a todos estes proxectos. Eles encárganse de manter os servidores, as conexións, as bases de datos, etc. Por exemplo, encargáronse de crear o novo Editor Visual que permite editar as páxinas de forma moito máis sinxela.