Usuario:Elisardojm/I día da Galipedia Limpa!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é a lista dos erros ortográficos que imos a correxir no I día da Galipedia limpa!.

Unha proposta de póster para o evento, pódese enviar o ficheiro ós centros cos que se contacte para que o den a coñecer. Habería que facer unha páxina de seguimento do evento similar a esta, e se queremos podemos axeitar máis o texto.

Ten en conta que se algunha destas palabras están incluidas nunha cita ou nun refrán non se deben cambiar a non ser que podas revisar a cita ou refrán orixinal para comprobar que non contén o termo incorrecto. Se o termo incorrecto está nunha páxina que non é dun artigo da Galipedia e non estás seguro de se debe cambiarse ou non, déixao, as páxinas de axuda e de conversa non son as importantes, se queres podes poñer unha ligazón na táboa cando remates para que un usuario máis experimentado revise iso.

Antes de comezar o choio primeiro edita a páxina e pon o teu nome de usuario na terceira columna na táboa, isto é para que o resto da xente poda saber qué traballos están libres e non andemos a pisarnos os uns ós outros. Logo pon a palabra incorrecta na caixa de procura e dalle ó botón de "Procurar", así sáleche a lista de artigos que teñen ese termo incorrecto. Tamén podes usar as ligazóns ás buscas do Google que temos preparadas na columna de Busca en Google. Vai revisando todos eses artigos e amañando a palabra incorrecta, cando remates de amañar todos os artigos desa palabra actualiza esta táboa poñendo na última columna {{Feito}}.

Xa quedan menos por correxir!! :)