Usuario:Elisardojm/Carta petición foto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bos días, son un dos editores da Galipedia, https://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Elisardojm, e póñome en contacto con vostedes para pedirlles unha pequena colaboración co proxecto.

Na Galipedia estamos intentando conseguir que tódolos artigos de parroquias de Galicia teñan a súa foto, e no concello de Maside só falta unha, a da parroquia de Amarante, polo que lles pedimos que difundan entre o seu profesorado e alumnado este problema para ver se alguén querería colaborar coa Galipedia facendo e subindo unha foto cunha licenza libre deste lugar. Son benvidas calquera tipo de fotos de cada parroquia, coma vistas das súas aldeas, das súas paisaxes, da igrexa parroquial, ou doutro patrimonio arquitectónico ou natural que teña.

Para subir fotos á Galipedia o máis sinxelo é ir a https://commons.wikimedia.org, o servidor de imaxes de tódalas Wikipedias, crear unha conta de usuario, e logo ir a https://commons.wikimedia.org /wiki/Special:UploadWizard, e seguir os pasos que se indican. No último paso hai que indicar unha descrición e categoría para gardar a foto, na categoría simplemente hai que poñer Maside.

Se teñen calquera dúbida ou problema poden contactar comigo e tentarei axudarlles en todo o posible.

Moitas grazas pola súa atención e un saúdo, Elisardo Juncal