Usuario:Elisardojm/Carta 1000 artigos 12-16 para centros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bos días, son Elisardo Juncal, un dos editores da Galipedia (https://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Elisardojm), a Wikipedia en galego, póñome en contacto con vostedes para falarlles sobre un novo proxecto da enciclopedia libre que podería interesar á súa comunidade educativa.

Este verán pasado comezamos o Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos (https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Wikiproxecto_1000_artigos_de_calidade_para_alumnado_de_12_a_16_anos), que foi adaptado da Wikipedia en Éuscaro, e onde ten o apoio do Goberno Vasco, das universidades e dos institutos de secundaria. Este proxecto tenta conseguir que unha lista de artigos do currículum do alumnado de 12 a 16 anos sexan artigos de calidade. A lista está divida en materias e preténdese que estea adaptada ó currículo galego o mellor posible, punto que tamén é parte do traballo a realizar, e grazas a esta división, tódolos profesores interesados poderían participar dentro da súa área.

A idea é que as rapazas e rapaces utilicen a Galipedia como ferramenta educativa, e que participen nela axudando a construíla e mellorala, para que non sexan unicamente consumidores pasivos de información. Creemos que a Galipedia tamén pode ser unha ferramenta educativa e tentamos fomentalo a través dos proxectos pedagóxicos (https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Proxectos_pedag%C3%B3xicos), co que, combinando os dous proxectos, poden traballarse varias das competencias curriculares.

Se precisan calquera información ou axuda poden contactar comigo na wiki ou por correo electrónico. Agradeceríalles que, no que poidan, dean a coñecer estes proxectos entre o profesorado porque precisamos xente que queira levar adiante proxectos pedagóxicos, dende a Galipedia tentaremos axudar a todos os que queiran participar.

A maiores, eu vivo en Culleredo e, como voluntario da Galipedia, podería achegarme ó seu centro e falarlles un pouco máis sobre estas iniciativas, dar algunha charla e obradoiro de edición ós profesores, se son do seu interese, e axudarlles a comezar algún proxecto pedagóxico dentro da Wikipedia.

Saúdos,
Elisardo Juncal