Uns editan para amañar erros ortográficos, de redacción, de estilo. Melloran a calidade do que xa hai.
Outros traballan mellorando os temas que máis lles interesan.
Outros traducen artigos de calidade doutras wikipedias.
Moita xente colabora facendo fotografías para ilustrar os artigos.
Outros traballan revisando as edicións diarias, eliminando os vandalismos e publicidade.
E todo este traballo fano persoas voluntarias de toda Galicia, hai profesores universitarios, traballadores de moitas profesións diferentes, estudantes e ata avós, e todos voluntarios