Usuario:Elisardojm/A3GAL/Carta presentación WMES

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estimados compañeiros de Wikimedia España, poñémonos en contacto con vós para comunicarvos oficialmente a creación da asociación A3GAL, Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre.

O primeiro de todo é darvos as grazas pola vosa xenerosa xestión do premio Rosalía de Castro de promoción da lingua da Galipedia, e que sen a vosa colaboración tería sido moito máis complicada ou incluso imposible de realizar.

O segundo é só para comentarvos que despois de moitos meses de trámites burocráticos con diferentes entidades, a día de hoxe xa temos as ferramentas mínimas para comezar a realizar actividades a favor das wikipedias e do coñecemento libre. Esperamos que nesta andaina poidamos colaborar xuntos nesta marabillosa tarefa, e podedes contar con nós para isto, dentro da nosa pequena capacidade.

Saúdos,
A3GAL