Usuario:Elisardojm/A3GAL/Carta consulta formulario alta socios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estado: Enviada comunicación a PRO-BONO

Texto[editar | editar a fonte]

Bos días, son Elisardo Juncal Muñiz, e póñome en contacto con vostedes en nome da asociación A3GAL, Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e o Coñecemento Libre, para facerlles unhas consultas sobre o proceso de recollida de datos persoais para a alta de socios.

Debido ás últimas modificacións da LOPD temos dúbidas sobre os requisitos legais que debemos seguir e incluír á hora de recoller os datos persoais dos novos socios.

Os únicos datos de socios que imos rexistrar son os seguintes: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo postal, enderezo electrónico e telefono? (Algún dato mais q sexa necesario?)

Pensamos en dúas posibilidades para realizar a alta de socios:

  • Pedir os datos nun formulario web aloxado na nosa páxina, https://aaa3gal.wixsite.com/a3gal, que envíe a información ó noso enderezo de correo electrónico.
  • Publicar na web un formulario pdf e q os socios teñan q imprimilo, firmalo e envialo escaneado ó noso enderezo de correo electrónico.

Gustaríanos saber cal destes dous sistemas seria o máis axeitado a lexislación vixente, e que texto legal teríamos que engadir en cada un deles.

Grazas pola súa atención e un saúdo,
Elisardo

Resposta[editar | editar a fonte]

Pendente de recepción.