Usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta Xunta Directiva decembro 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ASOCIACIÓN DE AMIGAS E AMIGOS DA GALIPEDIA E DO COÑECEMENTO LIBRE (A3GAL)
ACTA DA XUNTA DIRECTIVA

Reunidos en Santiago de Compostela, a 22 de decembro de 2018, ás 17:30 h., en primeira convocatoria, coa asistencia de tódolos seus membros, a Xunta Directiva tratou e acordou as seguintes cuestións:

Orde do día[editar | editar a fonte]

  1. Pasos administrativos realizados para a constitución da asociación e seguintes tarefas a realizar
  2. Rogos e preguntas

Desenvolvemento da reunión e acordos adoptados[editar | editar a fonte]

  1. O presidente e o secretario informan de que aínda non se puideron presentar os estatutos no rexistro da Xunta de Galicia pero enviaranse o antes posible. Tamén se informa que se deu de alta unha páxina web inicial para a asociación nun servizo web gratuíto, e un enderezo de correo en Gmail. Indícase que os membros da Xunta Directiva que o consideren necesario poden ter acceso a estas dúas ferramentas para a súa xestión. Acórdase que polo momento estas ferramentas non se publiquen ata que se melloren algunhas das súas funcionalidades.
  1. Non hai rogos nin preguntas.


E sen máis temas a tratar levántase a sesión ás 18:30 horas, do que eu como secretario, dou fe.




O Secretario,                                        O presidente,
Vitor Fresco Barbeito                             Elisardo Juncal Muñiz