Saltar ao contido

Usuario:Donaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola!!

Preséntome para comezar.

Eu fun nad@ en Santiago de Compostela e vivín alí moito tempo. Agora, lonxe do estrondo da cidade comezo a descubrir as novas tecnoloxías e a pensar verdadeiramente no que significa Galiza para min. Durante anos non me preocupei da situación lingüística que se vive en Galiza desde hai moito tempo, nembargantes coñecín a persoas que me explicaron e me axudaron a comprendelo. Agora estou dispost@ a axudar á lingua do pais con este pequeno xesto. Unha vez oín que se unha lingua non se atopa na Internet co paso do tempo remata por desaparecer. O galego xa está presente en moitas páxinas da rede, pero por un lugar máis onde atopar a nosa lingua non pasa nada!!