Usuario:Bruno Faustino Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nado en Burela, na comarca da Mariña no norte da Galiza. Iníciome no mundo da Wikipedia da man dos meus estudos do Mestrado de Educación e TIC na Universitat Oberta de Catalunya, como galego interésame particularmente a Galipedia e como educador e futuro profesor o seu potencial educativo. Creo que podo botar unha man corrixindo erros e actualizando informacións.