Usuario:Banjo:Categorías/Proposta 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sistema de categorías da Galipedia é un dos sistemas principais de organización de artigos da mesma. Esta norma inclúe unha serie de prácticas habituais, guías e normas para a creación, mantemento e uso do sistema de categorías.

O obxectivo principal das categorías é o de fornecer ligazóns de navegación entre tódalas páxinas da wikipedia baixo unha xerarquía de categorías que os lectores, coñecendo as características esenciais e que definen os temas concretos, poden utilizar para navegar e procurar conxuntos de páxinas relacionadas cun tema determinado definido por devanditas características. Outros sistemas de navegación entre artigos relacionados tamén inclúen as listas e as caixas de navegación.

Contido das páxinas de categorías[editar | editar a fonte]

Por norma xeral as categorías non levarán ningunha explicación, texto informativo ou referencias e ligazóns externas. Xeralmente o contido das categorías debe limitarse ó indicador de artigo principal e a ligazón á categoría correspondente en Commons:

{{Artigo Principal}}
{{Commonscat}}
[[Categoría:...]]
[[Categoría:...]]

Algunhas excepcións a esta norma inclúen as categorías de mantemento, que poden incluír explicacións de funcionamento e uso así como marcadores do tipo {{categoría baleira}} e demais. Tamén poden darse excepcións en casos nos que o título da categoría poida dar lugar a malentendidos ou confusións, engadindo unha breve explicación da temática que referencian, que en cada caso deberá revisarse de forma individual. Por norma xeral e agás excepcións, as categorías non deberían incluír tampouco imaxes, caixas de información do tipo infobox ou caixas de navegación do tipo navbox (moitas veces redundantes coa propia categoría).