Usuario:Arco de Rayne/Top galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pretendo nesta páxina facer un seguimento dos Top 10 da Galipedia para comprobar se os artigos teñen gran número de visitas por responderen a unha necesidade dos usuarios galegos ou ben por causas alleas, como pode ser estar ben colocado en google ou saír nun determinado momento nalgún medio. Esta páxina non fai observacións sobre a calidade dos artigos galegos ou dos das outras wikis. As consideracións tan só responden os meus criterios persoais.


1- Tiro parabólico[editar | editar a fonte]

Este artigo creouse o 27 de abril de 2005. No mes de febreiro de 2008 tivo 13.649 visitas, hai moi poucos artigos que teñan ligazóns cara el, concretamente 8 e tan só ten 3 interwikis. As visitas concéntranse fundamentalmente entre o 6 e o 14 de febreiro.

En catalán o artigo tivo 141 visitas, en portugués 397 e en castelán 31.372 visitas, tamén concentradas entre o 6 e 14 de febreiro.

En marzo o artigo tivo en galego 2.775 visitas, cunha maioría de visitas na primeira quincena. En castelán recibiu 19.637 tamén cunha maioría na primeira quincena aínda que non tan acusado como en galego. En portugués recibiu 651 visitas e en catalán 73.

Ata o día 12 de abril en galego recibiu 1.377 visitas, en castelán recibiu 12.728 visitas, en portugués 392 e en catalán 38.


Poderiamos pensar que o artigo da Galipedia benefíciase do alto número de visitas do artigo da wiki castelá pero iso tería que pasar tamén co portugués e catalán, xa que un falante de castelán pode entender sen moitos problemas o catalán e o portugués, porén non é así e esas dúas wikis reciben relativamente poucas visitas neste artigo. Creo que parte da explicación reside en Google, o artigo galego está ben posicionado en google (actualmente na procura tiro parabólico de 7º e é posible que tivera unha posición mellor en febreiro) e as dúas palabras que o compoñen son iguais en galego, castelán e portugués (tiro e parabólico) polo que de seguro que recibe moitas visitas directamente de google de usuarios que efectúan procuras en castelán e portugués.