Usuario:Alvararo/European Coordination for Accelerator Research & Development
EuCARD | |
European Coordination for Accelerator Research & Development | |
Keywords | Acelerador, LHC, Acelerador de Partículas, Superconductor, FP7, Investigación, Desenvolvemento, I+D, Europa, Imán, Colimador, Radiofrecuencia, Acelerador Lineal, Colisionadores de Neutrinos, Muones |
---|---|
Objectivo | EuCARD contribuirá á creación dunha Área de Investigación Europea en aceleradores, constituíndo de forma efectiva un laboratorio de aceleradores distribuído en Europa. Dirixirase principalmente á renovación das infraestruturas nos aceleradores europeos á vez que reforza a colaboración entre os seus participantes e desenvolve sinerxías coa industria. |
Participantes | 'European Organization for Nuclear Research (CERN) (coordinator
|
Orzamento | Total: 31 millóns de euros
Financiamento: 10 millóns de euros |
Duración | 1 de abril de 2009 - 30 de marzo de 2013 |
Páxina web | http://cern.ch/EuCARD/ |
EuCARD (European Coordination for Accelerator Research & Development) é un proxecto co-financiado polo Sétimo Programa Marco da Comisión Europea. Comezou o 1 de abril de 2009 e está desenvolvido por 37 participantes de toda Europa, coordinados polo CERN.
Concepto
[editar | editar a fonte]Actuando como microscopios xigantescos, os aceleradores de partículas dannos un visón única dos compoñentes básicos da natureza (materia, forzas, enerxía).Co Large Hadron Collider (LHC), a física de partículas e a cosmología están no limiar dunha nova era de descubrimentos, recreando condicións xusto momentos despois do Big Bang. Ademais, moitos aceleradores contribúen á investigación médica, terapia do cancro, bioloxía, ciencia de materiais, así como algunhas aplicacións industriais.
Con tantos campos técnicos que confían na física e tecnoloxía dos aceleradores, o Grupo de Estratexia Europeo para a Física de Partículas seleccionou as áreas prioritarias de investigación e desenvolvemento de aceleradores incluíndo imáns de altos campos magnéticos, superconductividad e aceleradores lineais.
Como consecuencia do proxecto CARE, os participantes de EuCARD apostan por avanzar na investigación europea coordinada e por mellorar as infraestruturas de aceleradores.