Unwound

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unwound
OrixeTumwater/Olympia, Washington,
Período1991 - 2002
Xénero(s)post-hardcore, noise rock, indie rock, math rock, post-rock
Selo(s) discográfico(s)Kill Rock Stars, Gravity, Troubleman Unlimited, Punk In My Vitamins?/Honeybear, Matador Records, Rebel Beat Factory
MembrosJustin Trosper
Vern Rumsey
Sara Lund
Brandt Sandeno
David Scott Stone
Artistas relacionadosNocturnal Habits, Household Gods, Replikants, Long Hind Legs, The Young Ginns, Red Rumsey, Worst Case Scenario, The Corin Tucker Band, Giant Henry, Hungry Ghost, Flora v. Fauna, Survival Knife
Na rede
unwoundarchive.com
Facebook: Unwound-63079369080 Twitter: therealunwound Spotify: 4YjpqCSDD7zwMQgPYJMqb0 Musicbrainz: 9434776a-bdd7-4f58-b719-b5d95b9d2a11 Songkick: 106433 Discogs: 65880 Allmusic: mn0000188190 Deezer: 2863 Genius: Unwound Editar o valor em Wikidata

Unwound foi unha banda de post-hardcore estadounidense baseada en Tumwater/Olympia, Washington. Formada en 1991, o grupo estaba composto por Justin Trosper (voces, guitarra), Vern Rumsey (baixo) e Brandt Sandeno (batería), os cales tocaran anteriormente nun grupo chamado Giant Henry. Brandt Sandeno deixou Unwound en 1992 e foi substituído por Sara Lund. Esta formación non cambiaría ata a disolución da banda no ano 2002. O grupo estivo fortemente asociado ao selo Kill Rock Stars ao longo dos anos 90. Unwound era fortemente disonante e angular, acotío recorrendo a tons de guitarra infrecuentes, e asociado co post-hardcore e o noise rock. A banda realizou xiras frecuentemente, preferindo clubs para todas as idades e destacou pola súa forte ética DIY. O grupo deu lugar a numerosos proxectos paralelos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Unwound 1991 autoeditado
Fake Train 1993 Kill Rock Stars
New Plastic Ideas 1994 Kill Rock Stars
The Future of What 1995 Kill Rock Stars
Unwound 1995 Punk In My Vitamins?, Honey Bear
Repetition 1996 Kill Rock Stars
Challenge for a Civilized Society 1998 Kill Rock Stars
Leaves Turn Inside You 2001 Kill Rock Stars

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]