Ubaldo Rueda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUbaldo Rueda
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
A Vide, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversité Paris 8 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario , dirixente deportivo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ubaldo Rueda Soto, nado na Vide (Monforte) en 1948, é un profesor de bacharelato e dirixente deportivo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1968 marchou a estudar a París, onde comezou Filosofía e Literatura Francesa na Universidade de París 8 e na Sorbonne[1]. Logo de licenciarse optou a unhas oposicións en España, aprobounas e foi destinado a un instituto de Bacharelato de Santiago de Compostela, o Instituto Rosalía de Castro, onde permaneceu desde 1977 ata a súa xubilación. En 1985 accedeu á súa dirección e mantivo o posto de novo ata o seu retiro en agosto de 2018[2].

Como director do centro de ensino, foi tamén presidente do club de baloncesto Rosalía de Castro. Tamén formou parte da directiva do Casino de Santiago, unha asociación cultural, da que chegou a ser vicepresidente e en 2018 era o seu presidente[3].

Galardóns[editar | editar a fonte]

En 2021 foi nomeado fillo adoptivo[4] do concello de Santiago.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ubaldo Rueda: «Recordo estar a dous metros de Sartre en París vendendo el o xornal»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-01-11. Consultado o 2018-09-01. 
  2. Gallego, Grupo El Correo. "Ubaldo Rueda se jubila tras 33 años como director del Rosalía" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 2018-09-01. 
  3. Galicia, Xunta de (2018-07-16). "Jonathan Coe faise co XIII Premio Novela Europea Casino de Santiago". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 2018-09-01. 
  4. "Ubaldo Rueda será Fillo Adoptivo de Santiago e o doutor José Carro Otero terá unha rúa na cidade". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-06-16.